Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Unha maneira de facer Europa

Liña de actuación 05:

LANZAMENTO DO PLAN 'SMART CITY LALÍN'

NECESIDADES

Atendendo ás necesidades e ás oportunidades detectadas no “Plan de Transformación Dixital 2019-22”, as actuacións desta operación céntranse nos seguintes ámbitos:

OBXECTIVOS

Esta operación fai súa a filosofía de transformación urbana baseada no aproveitamento do progreso tecnolóxico. Así, o obxectivo desta operación é converter Lalín nunha “cidade intelixente”, apostando pola integración das TIC como factor para maximizar a eficiencia no funcionamento das infraestruturas e dos servizos públicos. A partir do “Plan de Transformación Dixital Lalín 2019-22”, a mellora da eficiencia dos servizos públicos e/ou infraestruturas mediante a aplicación de tecnoloxías intelixentes aspira a:

  • Xerar redución de custos na prestación dos servizos públicos mantendo a calidade.

  • Mellorar a calidade do mantemento dos custos ou aumentalo de forma non proporcional e vantaxosa.

  • Prestación de novos servizos.

RESULTADOS

  • Melloras na actual plataforma ‘Smart City’.

  • Melloras na rede Wi-Fi.

  • Creación de novas verticais que permitan a prestación e mellora da calidade dos seguintes servizos:

    • Control de estacionamento.

    • Supervisión da recollida de RSU.

    • Eficiencia no consumo de iluminación.

    • Eficiencia no consumo de auga e mantemento da rede de abastecemento.

Datos

inversión total
334.192,32 €
0%
FEDER
267.353,86 €
0%
concello
66.838,46 €
0%

NOVAS

O CONCELLO CONVERTE PRINCIPAL E LORIGA NAS DÚAS PRIMEIRAS RÚAS “SMART CITY” DE LALÍN MEDIANTE A XESTIÓN INTELIXENTE DE RESIDUOS, LUZ E APARCAMENTO

O concello de Lalín, no marco da Estratexia EDUSI Lalín SSUMA 21, está a traballar na transformación de Lalín nunha cidade intelixente...

O CONCELLO LICITA ‘LALÍN INFINITO’, UNHA PLATAFORMA QUE OFRECERÁ AOS VECIÑOS DE FORMA CENTRALIZADA SERVIZOS INFORMATIVOS PERSONALIZADOS E DE XESTIÓN DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

O concello de Lalín vén de licitar a implantación e o mantemento da plataforma ‘Lalín infinito’ mediante un procedemento aberto, enmarcado parcialmente na EDUSI...